Wednesday 01 de May de 2024

O luns 10, último día para participar no proceso de selección de 50 traballadores/as para un restaurante de comida rápida


A Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo leva recollidos 87 currículos

A Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo leva recollidos 87 currículos para participar no proceso de selección de 50 persoas para un restaurante de comida rápida de próxima implantación no parque comercial A Revolta. O luns 10 será o último día para que as persoas interesadas se acheguen ata as oficinas na BDT, no segundo andar do edificio administrativo do Fórum Carballo.

Desde a BDT enviáronse 2.500 SMS a outros tantos usuarios e usuarias cuxos perfís se axustan aos postos solicitados: axudante de camareiro/a e encargado/a de equipo. A maiores, este mércores abriuse a posibilidade de participar a persoas que non están inscritas na Bolsa de Traballo. Ao chamamento acudiron un total de 87.

Se buscas traballo e tes interese nalgún destes postos aínda tes unha última oportunidade de participar no proceso de selección. Achégate o luns ata a BDT, de 09.00 a 14.00 horas, e non esquezas levar vida laboral, currículo, DNI, documentos xustificativos da formación académica, cursos de formación ou calquera outro que consideren de interese para a procura de emprego.

Como vén sendo habitual ao longo dos dez anos de vida do servizo, dende a BDT non só se realiza o proceso de intermediación entre a empresa e os/as traballadores/as, senón que ademais se facilitan as instalacións do Fórum Carballo para o próximo desenvolvemento do proceso selectivo.